O Festival de Cans, que celebrará a súa víxésima edición nesta aldea de O Porriño, entre o 16 e o 20 de maio, acordou otorgar nesta edición o seu Premio de Honra, o Premio Pedigree, ao actor Luis Zahera. A máxima distinción do festival foi acordada pola asamblea da Asociación Cultural Arela, que organiza o Festival de Cans.
Hoxe concluíron os obradoiros de escritura creativa impartidos polo escritor porriñés, Diego Giráldez, enmarcados nas xornadas de creación literaria “Da inspiración ao libro” que organiza o Concello do Porriño
O cartel provisional incorpora un total de 17 nomes, entre grupos e dj´s, que actuarán entre o 25 e o 26 de agosto en Vilar de Mato, Cuntis (Pontevedra). A organización segue na liña de apostar por grupos emerxentes con gran recorrido, ao igual que fixo no pasado coas Tanxugueiras ou The Rapants. Os abonos, […]
17 autores do Porriño presentarán os seus libros nestas xornadas que se levarán a cabo os días 21, 22, 23 e 24 de marzo no Centro Cultural Municipal e contarán coa presencia de reputados nomes do panorama literario galego, como Ledicia Costas e Carlos Meixide
A educación do presente e do futuro está a debate hoxe na Eurocidade Tui-Valença no I Congreso Internacional que comezou onte a tarde no auditorio da ESCE de Valença e que mañá prosegue no Teatro Municipal de Tui. No acto inaugural participaron Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; José Carpinteira; presidente da Cámara de Valença; Manuel […]
O acto institucional, representacións teatrais, exposicións, homenaxe ás mulleres pintoras, presentación de libros, un mercado de Mulleres Creativas, ou un taller de crochet, forman parte do programa previsto do 4 de marzo ao 2 de abril
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Personalizar Cookies