Redacción 13/04/2023

Contará coas actuacións de Inventi Teatro e María Lado e Lucía Aldao e se  celebrará na carpa situada no Paseo da Corredoira  

Este venres pola mañá celebrarase, na carpa situada no Paseo da Corredoira, o XIV Tui Le. Esta iniciativa está promovida pola Biblioteca Pública Municipal de Tui  xunto coas bibliotecas escolares dos centros educativos de Tui e coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Trátase dunha xornada de actividades arredor do libro e a lectura que se celebra anualmente.

Nas actividades programadas participarán 500 alumn@s do IES San Paio, IES “Indalecio Pérez Tizón”, CEIP nº 1, CEIP nº 2, CEIP de Pazos de Reis, CEIP de Guillarei, CEIP de Rebordáns, CEIP de Randufe, CEIP de Caldelas, CRA “Mestra Clara Torres”, Colexio Santa María – Maristas e Seminario Menor “San Paio”.

Cada centro participante presentará un póster, elaborado polo alumnado, centrado este ano na figura de Francisco Fernández del Riego a quen está dedicado este ano o “Día das Letras Galegas”. Moitos dos alumnos realizarán tamén no decurso da actividade intercambio de libros usados.

O ano o encontro contará con dúas actuacións. Ás 10.00 h, para o alumnado máis pequeño, Bea Campos con Inventi Teatro presentará ‘As palabras perdidas’, un espectáculo de teatro versátil que anima a falar galego dun xeito divertido, dinámico e moderno e que pon en valor o idioma, os ditos e as historias de Galicia. Posteriormente, ás 12.00 h será a quenda de María Lado e Lucía Aldao co seu espectáculo ALDAOLADO, para @s participantes dos cursos superiores. É unha mestura de poesía con humor e música de carácter transgresor, nun exercicio de comunicación directa co espectador.

A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, sinala que “con esta nova edición de ‘Tui Le’ o Concello segue apostando polo seu traballo a prol do libro e a lectura dende o convencemento que é unha ferramenta básica para o desenvolvemento persoal e social”. O concello facilita  o transporte do alumnado dos centros escolares das parroquias para asistir a esta nova edición de ‘Tui Le’.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad