Redacción 13/04/2023

A primeira das xornadas será mañá e inclúe un obradoiro sobre comunicación no conflito e a conferencia “Por que lle doe a tripa?” a cargo da psicóloga Gloria González

O Centro Cultural comeza esta semana as xornadas para familias e profesionais “Acompañando na aventura de crecer”, impulsada polas concellerías de Cultura e Igualdade do Porriño, a través da Biblioteca Municipal.

Esta segunda edición ten como novidade os obradoiros prácticos que se desenvolverán antes de cada conferencia, nos que se darán ferramentas útiles para aplicar cada día coa conciencia e o propósito de favorecer un bo desenvolvemento infantil.

O primeiro deles será mañá venres, a partir das 16.00 h, e tratará a comunicación no conflito. O conflito é unha realidade en calquera relación, familiar, educativa… e pode levarnos a un muro separador ou pode tamén ser unha oportunidade para a transformación e o crecemento. Neste obradoiro, dirixido a nais, pais e profesionais do ámbito educativo e da saúde, aprenderemos as claves emocionais e comunicativas precisas para aprender a manexar conflitos e convertelos nunha oportunidade.

Posteriormente, a partir das 19.00 h dará comezo a conferencia“Por que lle doe a tripa”,na que a psicóloga Gloria González, dará as claves para entender o comportamento d@s nen@s.

Dirixida tamén a nais, pais e profesionais do ámbito da sáude e da educación, na charla desenvolveranse as claves para entender o que nos están expresando os/as pequenos/as e co seu comportamento e como podemos abordar, dunha maneira máis adecuada, as necesidades que están a manifestar.

Gloria González é psicóloga sanitaria, formadora e psicoterapeuta Clínico EMDR por EMDR Europa e experta en desenvolvemento, apego e trauma. Tamén é coautora do libro ‘El desafío de crecer’ (Aurum Volatile, 2020), xunto con Iñaki Pastor e Lucila To.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad