Sabela Landín 21/04/2023

As galegas son a banda que máis nominacións recibiu, estando presentes nun terzo das categorías (21 en total)

Sen deixar de presentar as súas cancións en directo por todo o Estado, o vindeiro mes de maio chegará nova música do trío

Hoxe déronse a coñecer as candidaturas aos Premios MIN 2023, nunha iniciativa que celebra este ano a súa XV edición e que pretende recoñecer a artistas e profesionais da industria musical independente do Estado.Organizados pola Unión Fonográfica Independente (UFI), os Premios MIN naceron en 2009 para recoñecer a creación, diversidade e calidade artística das producións independentes feitas en España.Despois de catorce edicións, consolidáronse como un referente da industria musical española e son os únicos premios concedidos pola propia industria que se entregan en España, coa misión de dar a coñecer aos artistas emerxentes a novos públicos, achegando a música á sociedade, consolidando o recoñecemento da actividade creativa e divulgando o valor da propiedade intelectual.Formada por 21 categoríasTanxugueiras foi a banda que máis candidaturas conseguiu –7 en total– nesta edición, correspondente ao seu último disco, “Diluvio”, publicado en 2022. As categorías nas que optan a conseguir un premio son as seguintes: ‘The Orchard a Álbum del Año’‘Sympathy for the Lawyer a Mejor Videoclip’ por ‘Averno’, xunto a Rayden e dirixido por Trece AmarilloÁlbum Música de Raíz’‘Álbum en Galego’SAE Spain a Producción Musical’ Tanxugueiras e Iago Pico‘Mejor Letra Original’ por ‘Pano Corado’‘Ticketmaster a Mejor Directo’ Os gañadores daranse a coñecer nunha gala que, para a ocasión, se trasladará a Palma de Mallorca e que contará con Samantha Hudson como mestra de cerimonias.Tanxugueiras, pola súa banda, continúan estes meses imparables percorrendo toda a xeografía española da man da súa axencia de xestión, PlayPlan, e o vindeiro mes de maio chegará con novidades do trío galego en forma de nova música, editada por Calaverita Records.
** VINDEIRAS DATAS **
 29/04 • Festival Sons de Ánkar • Poio (Pontevedra)30/04 • Festival Viña Rock • Villarrobledo (Albacete)04/06 • Guitiriz • Lugo08/07 • Nits al Castell • Xàtiva (Valencia)21_22/07 • Festival Leturalma • Letur (Albacete)01/09 • Valladolid • Valladolid

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad