Sabela Landín 21/04/2023

Trátase dunha iniciativa da subdelegación do Goberno e a concellería de Igualdade do Concello de Tui

Mavi, a maleta viaxeira contra a violencia de xénero, está até finais de mes na Biblioteca Municipal de Tui. É unha iniciativa promovida pola Unidade contra a Violencia sobre a Muller da subdelegación do Goberno en Pontevedra que conta neste caso coa colaboración da concellería de Igualdade do Concello de Tui e da Biblioteca Pública Municipal.
Este proxecto naceu co obxectivo de traballar a favor da concienciación e a prevención destas violencias, e pretende achegar libros de diferentes temáticas relacionadas co feminismo, a igualdade, o empoderamento, a autoestima ou as
violencias machistas ás mulleres e nenas da nosa localidade.
MAVI contén textos que promoven a reflexión, a sensibilización e concienciación sobre temas determinantes para conseguir unha sociedade máis igualitaria e libre de violencias, favorecendo un pensamento crítico fronte aos estereotipos e roles de xénero que perpetúan estas violencias e desigualdades.
Esta Maleta viaxeira conten 28 libros de lectura diversas dirixidos non so exclusivamente ás mulleres senón a toda a sociedade. Así recolle 6 libros de literatura infantil e xuvenil e 22 libros para lectores adultos.
Os libros contidos na Maleta viaxeira están a disposición de todo aquel que os desexe para o seu préstamo na Biblioteca Pública Municipal tudense.
A concelleira de Igualdade, Ana María Núñez Álvarez, agradece esta colaboración coa subdelegación do Goberno “pois con esta iniciativa promóvese, a través da lectura a concienciación sobre temas determinantes para conseguir unha
sociedade máis igualitaria e libre de violencias, favorecendo un pensamento crítico ante os estereotipos e roles de xénero que perpetúan estas violencias e desigualdades”. Esta maleta está tamén a disposición das entidades sociais e
educativas interesadas.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad