O certame presenta este sábado a sección ‘Correspondencias’, coa presentación dun avance da correspondencia fílmica entre o realizador galego Eloy Domínguez Serén e o colombiano Samuel Moreno. Estrea mundial do filme de ‘El tiempo libre’, de Fernado Epelde. A entrega de premios e concerto de Ses clausuran a XVIII edición do Festival.
Ian Gibson mantén este venres un coloquio co público no Torreiro sobre o filme ‘Donde acaba la memoria’, tras chegar hoxe á vez que Xosé Manuel Beiras á parroquia porriñesa. Ambos acudiron para presentar os documentais nos que participan.
Darío Villanueva, Jaime Pena, Beatriz Busto, Pedro Sancho e juáncho presentan os seus novos libros na seccion ‘LendoCine’. O Auditorio Cultural Municipal do Porriño acolle a Noite Lasal dos Videoclips, na que se presentan 20 traballos a concurso.
Oito curtametraxes de realizadoras e realizadores que presentan os seus primeiros proxectos compiten na sección ‘Novas Camadas’. O Festival homeaxea á veciña e acordeoneira Marisol González e ao colocador de estrelas Silvino González na Noite das Homenaxes, que pasa ao Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.
A canteira en reconstrucción de Vilafría, no Porriño, acolle este sábado 28 de agosto a segunda edición do festival. O cartel está formado por Pongo, Boyanka Kostova, Verto, Mounqup, a DJ Teresa Ferreiro e Os Penediños de Atios.
Comezan a esgotarse as entradas: o aforo leva días completo para a Gala Final, o concerto de Ses, e os filmes “Beiras, vivir dúas veces” e “Donde acaba la memoria”. Aínda quedan sitios para as proxeccións das curtametraxes a competición, que só se venderán ata o luns, 29 de Agosto.
Un investimento de case de 41.000 euros da Deputación de Pontevedra permitiu embelecer e mellorar a accesibilidade do camiño da igrexa de Santa María de Paraños, ao tempo que levouse a cabo unha humanización de toda a contorna. As obras foron supervisadas polo deputado de Economía e Facenda, Carlos Font; a deputada de Cohesión Social, […]
A camiñada guiada e gratuíta para observar as aves deste espazo enclavado nos concellos de Cerdedo-Cotobade, A Lama, Forcarei e Beariz terá lugar o 5 de setembro A Deputación de Pontevedra abriu hoxe, luns, o prazo de inscrición para a segunda das rutas ornitolóxicas programadas dentro da cuarta edición da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, […]
Tres xornadas nas que o público redescubríu un territorio único acompañado dunha banda sonora excepcional, numerosas actividades e degustando a mellor enogastronomía de Rioxa Arabesa. O éxito desta primeira edición nace na experiencia desenvolvendo ‘Festivais para un territorio’. O evento celebrouse con todas as medidas de seguridade pertinentes e demostrou que a cultura é segura e que non debe deterse.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Personalizar Cookies