Sabela Landín 24/08/2021
Santa maría de Paraños

Un investimento de case de 41.000 euros da Deputación de Pontevedra permitiu embelecer e mellorar a accesibilidade do camiño da igrexa de Santa María de Paraños, ao tempo que levouse a cabo unha humanización de toda a contorna. As obras foron supervisadas polo deputado de Economía e Facenda, Carlos Font; a deputada de Cohesión Social, Olga García, e o alcalde, Juan Pablo Castillo nunha visita institucional.

A actuación cínguense ao camiño que conecta o conxunto formado polo templo e o cemiterio parroquial a través doutra vía rural coa N-120. O proxecto, que remarca a prioridade peonil e elimina todo tipo de barreiras arquitectónicas, consistiu na pavimentación do firme de xabre cunha base de formigón incluíndo unha zona empedrada con lousa de granito, a modo de vestíbulo, na contorna das edificacións relixiosas. Alí tamén habilitáronse dous bancos. A maiores, o concello renovou o saneamento.

O camiño embeleceuse con franxas transversais de pedra e tamén quedou dotado dunha nova rede de recollida de augas pluviais coas respectivas arquetas e grellas de ferro. No deseño respectáronse os accesos da circulación rodada ás fincas e predios colindantes, así como as conexións peonís coa contorna da igrexa e as vivendas da zona. Atendendo á suxestión de Patrimonio o encontro dos pavimentos cos muros de peche tanto do adro como do parcelario da zona resolvéronse con bandas de pedra de granito silvestre de 8 centímetros. O investimento total da Deputación de Pontevedra en Covelo, desde o ano 2016, supera os 5 millóns de euros. Este ano, no marco do Plan Concellos, o municipio recibe máis de 460.000 euros.  Dende o ano 2016 Covelo foi quen de executar 25 obras financiadas pola Deputación con cargo a este operativo de financiamento regrado. A maiores, obtivo achegas en concorrencia competitiva para a mellora da seguridade dos viarios municipais (86.757 euros do plan DepoRemse) e para o proxecto de mellora de accesibilidade e humanización da praza de Barciademera (287.407 euros do Plan de Reequilibrio). O Concello puido contratar tamén a 95 persoas desempregadas ata o ano pasado para desempeñar traballos temporais en servizos municipais con cargo ao Plan Concellos. Este mesmo ano acolle a 16 traballadores/as máis

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad