José Docampo 08/09/2021

O público poderá acceder ás curtas a partir deste xoves abonando 2€ por cada un dos 4 bloques de filmes ou 5€ por ver todas as películas. Todo o diñeiro recadado a través destas proxeccións será repartido entre as curtametraxes participantes.

Só durante esta fin de semana, as 15 curtametraxes que participaron na competición oficial de Ficción e Animación do XVIII Festival de Cans poderán verse a través de internet. O proxecto ‘Cans Online’ volve levar os filmes á rede a través da plataforma Vimeo. As películas organizaranse en 4 bloques. Ver cada un deles custará 2 euros.  O abono que permite velas todas ten un desconto de case un 40%: só custará 5 euros. Todo o diñero recadado proxeccións repartirase entre as curtametraxes participantes.

Festival de Cans abre por segundo ano consecutivo a súa edición online. A iniciativa xurdiu logo da drástica redución de aforo das proxeccións en sala á que obrigou a pandemia dende o ano pasado. E tamén tendo en conta que a situación sanitaria afecta ademais á distribución das obras. O Festival ten entre os seus obxectivos promocionar aos cineastas e as súas películas. O proxecto polo que leva as curtametraxes á rede é unha das iniciativas postas en marcha para darlles visibilidade ás obras dos realizadores e realizadoras participantes. 

A partir de mañá xoves, ás 18,00 hs. e ata o vindeiro domingo á medianoite, as obras estará dispoñibles na páxina web do certame -www.festivaldecans.gal-, nun proxecto que conta co soporte tecnolóxico de Vimeo e foi posible grazas ao traballo desenvolto nas últimas semanas pola empresa porriñesa Quadralia.

Todas as películas están subtítuladas en castelán para facilitar o acceso do público hispanofalante ás obras, a meirande parte delas rodadas en galego.

BO CINEMA

As curtas que se difunden en ‘Cans Online’ deixaron moi boas sensacións no día grande do XVIII Festival de Cans, o pasado sábado 4 de setembro. 

Eis o caso da dobremente premiada ‘Monte Bravo‘, de Noelia Muíño. A curta, que conta as vivencias dunha nena e o seu irmán logo de albiscar un lobishome fíxose cos premios á Mellor Película e a Mellor Dirección. Muiño xa obtivera 3 galardóns en Cans en 2019. E neste 2021 volveu trunfar no Festival. O mesmo que Alberto Vázquez. A súa película ‘Homeless home‘ foi elixida ano Mellor Curta de Animación. E tamén obtivo o premio á Mellor Banda Sonora. O cineasta xa gañara na categoría de Animación en 3 edicións anteriores do Festival de Cans. E ten tres Premios Goya.

A curta rodada en Francia ‘Deux Options‘ do vigués Gon Caride, obtivo tamén dous premios, os de Mellor Guión e Mellor Actor, que recibiron ex aequo os seus dous protagonistas:  Jan Soja e Noël Faur.
  Tamén poderá verse a curta ‘O que queda de nós’, de Miguel Gómez, coa que a xove actriz Lidia Veiga sorprendeu ao Xurado coa súa actuación: fíxose co Premio á Mellor Actriz.  Ou “O Son das Baleas“, de Daniel Suárez-Rubini, distinguida co Premio do Público. O filme que mereceu o Premio do Xurado das Veciñas e Veciños, ‘Cineris’, de Carlos Quirós, e as restantes 9 curtas, ata un total de 15, poderán verse en liña esta fin de semana. Dende só 5€. 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad