Sthela Táboas 08/09/2021

O grupo porriñés constituido por Kiri, Ana, Fran e Irene versiona temas coñecidos “rokerizándoos”

Onte á tarde tivo lugar a presentación do concerto e disco do grupo porriñés KAF!, chamado así e composto por: K, de Kiri Cabaleiro, batería, gaita, frauta traveseira, baixo e voz; A, de Ana Belén Rodríguez, piano, key guitar, batería, baixo e voz; F, deFran Leboso, guitarra, piano, batería, armónica e voz; !, por Irene Anta, a última en incorporarse é baixo, guitarra, piano, key guitar e voz.

Tamén estivo presente Álex Sobrino, fotógrafo e deseñador da portada do disco do grupo, que ten preto de vinte anos traballando cos compoñentes, dente tempos de instituto. A maiores, Alex tamén é o escritor, director e actor de Metamorfose, unha obra teatral de ciencia ficción cuxa banda sonora foi producida por KAF! e incluída neste disco.

Deste xeito, Alex e KAF! únense nun novo proxecto artístico, a realización dun vídeo-clip dirixido por Alex Sobrino, onde se conxuga o mundo escénico e o musical.


KAF! comezou sendo un grupo de versións que musicaba calquera tema, sen importar o xénero do mesmo, xa que o facían seu, é dicir, “rockerizábano”.

Tanto Ana, como Fran e Kiri son profesores da Aula de Música Pianagrama, en Mos, da que Ana é hoxe a fundadora e directora.  Fran e Kiri levan case dúas décadas tocando xuntos en diferentes bandas. Estes tres artistas da música, reuníanse para acompañar ás bandas afeccionadas que ían xurdindo no seu colexio, isto vai en aumento e pronto aparecen os contratos.

Para reforzar a tríade, deciden apostar pola calidade de cancións máis elaboradas, e pensan en Irene Anta para unirse á formación, unha das súas estudantes máis salientables, e así é como chega a exclamación !, formando finalmente KAF!

Ata a data, levan máis de dous anos tocando nun momento difícil, pero  agradecidos de non ter parado, grazas a montar concertos en todo tipo de escenarios (sen público para os veciños nos balcóns durante a desescalada, concertos 360º, en liña …).

Os veciños do Porriño poderán disfrutar da música de KAF! en concerto  vindeiro venres 17 de setembro, ás 21:00 h na praza de San Sebastián, enmarcado na programación das Festas do Cristo do Porriño 2021.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad