José Docampo 25/08/2021

A agrupación actuará este venres 27, ás 20:30 no Espazo Terraza da Sala Rebullón. A entrada é gratuíta.

Coñeces a Thin Lizzy?. Unha resposta moi habitual a esta pregunta é: “si, un par de temas, pero non os controlo demasiado”. A banda irlandesa é algo máis que temas como Jailbreak, Boys are back in Town ou Whiskey in the Jar. Trátase dun grupo único na historia do rock, pero que foi inxustamente tratado polo gran público. Non é que non sexa un grupo coñecido ou respectado no panorama rockeiro, pero a calidade da súa música, a orixinalidade das súas melodías e o carisma do seu líder Phil Lynott non merecen estar na segunda división do olimpo do rock.

Manu EDS (voz), Iván Fornos (Guitarra), Rafael Paso (Guitarra), Javi Franco (Baixo) e Adrián Salgado (Batería) son os cinco integrantes de Bakintaun Thin Lizzy Tribute e buscan, desde o respecto e a admiración, render tributo a unha das bandas cun selo máis persoal da historia do rock and roll.

O obxectivo é pasalo ben e facer gozar á xente do legado musical de Thin Lizzy. Cunha base rítmica dotada dun “groove” xenuíno que serve de pasarela para unhas guitarras dunha calidade e un gusto difíciles de atopar dentro do hard rock, os dublineses sempre souberon reinventarse sen perder a súa esencia, liderados por un Phil Lynnot posuidor dun don para compoñer e unha voz sen parangón, que 30 anos despois da súa morte non se puido apagar.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad