O espazo contou cunha achega de máis de 135.000 euros nos últimos dous anos a través das subvencións ao funcionamento das salas privadas de artes escénicas e da convocatoria extraordinaria ao impulso do sector do Plan de reactivación cultural da Xunta.
O público poderá acceder ás curtas a partir deste xoves abonando 2€ por cada un dos 4 bloques de filmes ou 5€ por ver todas as películas. Todo o diñeiro recadado a través destas proxeccións será repartido entre as curtametraxes participantes.
O certame presenta este sábado a sección ‘Correspondencias’, coa presentación dun avance da correspondencia fílmica entre o realizador galego Eloy Domínguez Serén e o colombiano Samuel Moreno. Estrea mundial do filme de ‘El tiempo libre’, de Fernado Epelde. A entrega de premios e concerto de Ses clausuran a XVIII edición do Festival.
Ian Gibson mantén este venres un coloquio co público no Torreiro sobre o filme ‘Donde acaba la memoria’, tras chegar hoxe á vez que Xosé Manuel Beiras á parroquia porriñesa. Ambos acudiron para presentar os documentais nos que participan.
Darío Villanueva, Jaime Pena, Beatriz Busto, Pedro Sancho e juáncho presentan os seus novos libros na seccion ‘LendoCine’. O Auditorio Cultural Municipal do Porriño acolle a Noite Lasal dos Videoclips, na que se presentan 20 traballos a concurso.
Oito curtametraxes de realizadoras e realizadores que presentan os seus primeiros proxectos compiten na sección ‘Novas Camadas’. O Festival homeaxea á veciña e acordeoneira Marisol González e ao colocador de estrelas Silvino González na Noite das Homenaxes, que pasa ao Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.
A canteira en reconstrucción de Vilafría, no Porriño, acolle este sábado 28 de agosto a segunda edición do festival. O cartel está formado por Pongo, Boyanka Kostova, Verto, Mounqup, a DJ Teresa Ferreiro e Os Penediños de Atios.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Personalizar Cookies