Sthela Táboas 22/09/2021

Os concertos son gratuítos e con capacidade para 1.000 persoas en cada caso, celebraranse este sábado 25 en Narón e Santiago de Compostela e o domingo 26 na Coruña, Ourense, Pontevedra e Vigo, ademais de na área de Lugo nunha data próxima

A Xunta de Galicia intensifica o seu apoio ao sector da música de verbena coa organización de sete festivais nos que actuarán 50 coñecidas orquestras galegas e que terán lugar durante esta fin de semana na Coruña,Narón, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, ademais de na área de Lugo nunha data próxima que será confirmada nos vindeiros días. Este circuíto intensivo enmárcase dentro da programación do Xacobeo 21-22, ao tempo que supón un importante reforzo da axuda económicaque as empresas deste ámbito veñen recibindo por parte do Goberno galego para lles facer fronte aos efectos da crise sanitaria.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e os presidentes da Asociación Galega de Orquestras (AGO), Manuel Ángel Fariña, e da Asociación de Empresarios da Música da Verbena Galega (Asevega), Alberto Dopico, presentaron hoxe esta programación, deseñada conxuntamente durante as reunións periódicas mantidas co sector para reforzar o convenio inicial, asinado o pasado mes de xullo co obxectivo de contribuír á reactivación daactividade e ao mantemento do emprego.

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade avanzou a ampliación deste acordo de xeito que se incrementará en máis do triplo adotación inicial de 400.000 euros ata chegar aos 1,24 millóns de euros. Desta nova inxección económica de 840.000 euros, 700.000 destínanse á organización dos devanditos festivais, mentres que os 140.000restantes supoñen un aumentodo crédito para fomentar a contratación de orquestras de verbena por parte doutras entidades mediante a subvención do 40% do custo dos cachés.

Ademais, lembrou que os festivais que se presentan hoxe veñen sumarse ás máis de 100 actuacións de orquestras de verbena programadas desde mediados de xuño e ata finais de ano ao abeiro do convenio orixinal.Ademais, enmarcou esta nova inxección económica no apoio que o sectorvén recibindo desde 2020 por parte de diferentes departamentos da Xunta, co obxectivo de paliar os efectos negativos da pandemia e en atención á súa importancia tanto social como económica.

“Na Xunta comprendemos e compartimos a súa preocupación”, afirmou Sutil en referencia ao impacto da crise sanitaria neste ámbito, ao tempo que sinalou que se trata dun “colectivo altamente cualificado e profesionalizado, queforma parteesencial da maneira de entender calquera celebración festiva e de ocio en Galicia, a través da oferta duns espectáculos completos, nos que participan diversidade de oficios e que proxectan unha elevada calidade artística”.

Cada un dos festivais que se desenvolverá o sábado 25 en Narón e Santiago de Compostela,  e o domingo 26 na Coruña, Ourense, Pontevedra e Vigo, ademais do que terá lugar proximamente na zona de Lugo, levaranse a cabo en emprazamentos ao aire libre, cunha capacidade máxima para 1000 persoas de pé e con división en sectores para garantir a distancia e o resto de medidas de seguridade. A entrada será gratuíta, previa reserva na web www.woutick.es, e cada unha das orquestras participantes ofrecerá cadanseu concerto duns 45 minutos de duración. No caso de non esgotarse por esta canle, as localidades dispoñibles poderán ser retiradas no propio acceso aos recintos.

O circuíto arrancará ás 18,00 h. do sábado 25 en Narón e en Santiago de Compostela. No polígono naronés Río do Pozo actuarán as orquestras Los Satélites, Fania Blanco Show, Principal, Los Españoles, La Favorita, Tania Veiras e Finisterre, mentres que a Cidade da Cultura de Galicia recibirá a París de Noia Show, Gran Parada, Capitol, Metrópolis, Atrévete, Galilea e Puzzle.

En canto aos catro festivais do domingo, que comezarán a partir das 17.00 h. en todos os casos, o recinto da Autoridade Portuaria da Coruña próximo ao Palexco acollerá as orquestras Cinema, Deluxxe, Eureka, Essencia, Dilema, Stereo e Charleston. Na explanada de Expourense actuarán América, Claxxon, Gran Casino, La Ola Adn, Unión y Fuerza, Grupo Ritmo e Acordes, mentres que o evento de Pontevedra terá lugar no exterior do Pazo da Cultura con Marbella, La Oca, Triunfo, Televisión, Samba, América SL e Fama. Por último, o Peirao de Transatlánticos de Vigo será o escenario para os concertos de Solara, Los Player´s, Aramio, Estrellamar, M3, Ritmo Joven e Magos.

No caso da área de Lugo, cuxa data se confirmará nos próximos días, están programadas as actuacións de Costa Dorada, Arizona, Suavecito, Salsarena, Alma Latina, Lume, Tapyoka e Limón.

A Xunta foi a primeira administración autonómica en adxudicar axudas específicas ao sector da música de verbena, no marco dun compromiso continuadoque se vén plasmando en numerosas xuntanzas para a articulación das diferentes liñas de colaboración. Ademais do devandito convenio, asinado como parte do Plan de reactivación cultural, destaca tamén entre estas vías de apoioo programa de subvencións a orquestras publicado en outubro de 2020, mediante o que se adxudicaron a través de Turismo de Galicia 1.079.000 € a 51 empresas. Así mesmo, o pasado mes de abril a Xunta abriu a convocatoria de axudas para traballadores estacionais de orquestras e espectáculos prexudicados polos peches da covid-19, dotadas con 500.000 €, mentres que en xuño se aprobou o III Plan de Rescate para autónomos e pemes afectados pola crise da covid-19. As orquestras tamén poden beneficiarse deste novo plan ao igual que do previo, aprobado en febreiro.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad