José Docampo 09/09/2021

O espazo contou cunha achega de máis de 135.000 euros nos últimos dous anos a través das subvencións ao funcionamento das salas privadas de artes escénicas e da convocatoria extraordinaria ao impulso do sector do Plan de reactivación cultural da Xunta.

A Sala Ártika de Vigo desvelou hoxe a programación da súa nova temporada escénica, no marco da que lle ofrecerá ao público 75 actuacións de 33 compañías ata finais de ano. Para o seu funcionamento, o espazo vigués contou nos últimos dous anos cunha inxección económica de máis de 135.000 euros por parte da Xunta a través dunha dobre vía de apoio.

Dunha banda, o teatro da avenida de Beiramar percibiu máis 105.000 euros entre 2020 e 2021 como un dos espazos adxudicatarios das subvencións ás salas privadas de artes escénicas, dotadas con 150.000 euros cada ano e das que se beneficiou, así mesmo, o tamén vigués Teatro Ensalle. Doutra, dispuxo de 30.000 euros para desenvolver un dos 32 proxectos receptores da liña extraordinaria de axudas ao impulso do sector escénico, convocada o ano pasado ao abeiro do Plan de reactivación cultural cun fondo de 500.000 euros.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participaron nesta presentación, que tamén contou, entre outras, coa intervención da directora da Sala Ártika, Fernanda Barrio.

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade referiuse especificamente á programación da Sala Ártika como “exemplo do magnífico traballo de difusión escénica, de captación de novos públicos e de consolidación de espectadores que están a facer este tipo de espazos” e cuxa labor abrangue todos os ámbitos da promoción teatral, desde a produción e a exhibición, ata a residencia artística e as actividades formativas.

Ademais, felicitou á dirección deste espazo por terse confirmado, en tan só seis anos de traxectoria, como un referente cultural destacado, non só en Vigo e a súa área metropolitana, senón no resto de Galicia, situándose nestes momentos como a sala privada con maior programación teatral de toda a Comunidade.

Sinalou, neste mesmo sentido, que son moitas as compañías do país que teñen en conta este espazo para os seus procesos de creación e exhibición. É o caso, por exemplo, de varias montaxes apoiadas ou coproducidas pola Xunta, como a recentemente estreada Festina Lente, do colectivo VACAburra coa participación do Centro Coreográfico Galego.

Na programación de setembro a decembro da Sala Ártika inclúense catro festivais e ciclos (II Comediártiko, XXVI Festival Internacional de Títeres Galicreques, circuíto estatal da Red de Teatros Alternativos e VII Festival Pequeártiko de Nadal), cinco estreas absolutas, 20 espectáculos para público familiar e 13 producións para público adulto.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad