Mónica Romero 03/11/2021

O Centro Dramático Galego inicia a súa xira este venres en Tui. Dez actores en escena baixo a dirección de Marián Bañobre e Fran Cortegoso transportarán esta versión do clásico de Homero de Ítaca a Galicia

O Teatro Municipal de Tui acollerá este venres, 5 de novembro, ás 21:30 h o inicio da xira de “O charco de Ulises” do Centro Dramático Galego. Unha montaxe dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso – autor do texto – que nos transporta da Ítaca do texto clásico de Homero á Galicia, a historia de emigración na que Ulises galego que …

Tras a representación este venres en Tui “O charco de Ulises” viaxará por O Barco de Valdeorras, Celanova, Viana do Castelo, Barcelos, Ourense, Cangas, Oleiros, Verín, Monforte de Lemos, Vigo, Pontevedra, Cariño, Rianxo, Vilagarcía de Arousa, A Coruña, Lugo, Arteixo, Narón e Vilalba.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, e o director do CDG, Fran Núñez, presentaron esta mañá a obra e a xira que contará con vinte funcións entre o 5 de novembro e o 12 de decembro.

“que o Centro Dramático Galego inicie a súa xira na nosa cidade con esta obra, “O Charco de Ulises”, reflicte a importancia que ten Tui para todos os actores culturais”. Facía amais o rexedor tudense un chamamento á cidadanía “para que acuda este venres ao teatro porque é unha obra para poder ver”. Esta actividade engadía “tamén reflicte o compromiso do concello de Tui coa cultura e esta obra forma parte do elenco de actividades que temos neste mes de outono programado no Teatro de Tui”.

A concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, sinalaba que despois da representación de “A contenda do Miño” en Caldelas no verán é un pracer recibir de novo en Tui ao CDG e neste caso iniciando a súa xira na cidade. Convidaba tamén a concelleira a gozar este venres en Tui desta obra.

Fran Núñez, o director do CDG, salientou que “é un pracer estar novamente en Tui nun deses espazos que son historia do teatro galego e da relación co CDG” engadía que para eles “é moi especial comezar a xira en Tui, nunha xira que nos vai levar por vinte localidades” destacando que para eles é moi importante “levar o Centro Dramático fóra do que é Santiago de Compostela, e este é un esforzo enorme, unha das maiores xira do CDG”. Animaba a acudir á función porque dicía “facemos espectáculos, facemos teatro para que a xente o comporta connosco, esa é a vocación do CDG. E Tui ten unha ampla tradición coma teatro cunha programación de grande calidade”. Coa apertura da xira aquí en Tui dicía o director do CDG “é unha oportunidade para reforzar os lazos entre Tui e o Centro Dramático que estreitamos facendo aquí en Tui a Contenda dos Labradores de Caldelas”.

En “O charco de Ulises” o Centro Dramático Galego muda Ítaca ou Troya, o contexto mediterráneo, por Galicia e Bos Aires, un contexto atlántico, e que fala da emigración.

En escena estarán dez actores e actrices, Óscar Allo, Miguel Borines, Mónica Camaño, Rosalía Castro, Raquel Espada, Manuel Millán, Fran Paredes, Chusa Pérez de Vallejo, Inés Salvado Gontad e Paulo Serantes, acompañados por Xosé Lois Romero que compuxo e executa a música.

As entradas, aos prezos de 8€ e 6€, pódense mercar até dez minutos antes do inicio da función, en www.tui.gal.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad