José Docampo 04/09/2021

O certame presenta este sábado a sección ‘Correspondencias’, coa presentación dun avance da correspondencia fílmica entre o  realizador galego Eloy Domínguez Serén e o colombiano Samuel Moreno. Estrea mundial do filme de ‘El tiempo libre’, de Fernado Epelde. A entrega de premios e concerto de Sés clausuran a XVIII edición do Festival.

Hoxe sábado chega o día grande do Festival de Cans coa proxección das curtas das principais categorías a competición -ficción, animación e Furacáns-. Un dos grandes momentos o día será o coloquio no Espazo Estrella Galicia da Leira do Rio co director brasileiro Kleber Mendonça Filho, que despois se achegará ao Torreiro das Estrelas para deixar a súa pegada para sempre en Cans.

Adenais, a sección ‘Correspondencias’ presentarase cun avance do diálogo fílmico entre o realizador galego Eloy Domínguez Serén e máis o colombiano Samuel Moreno. Foi construído de xeito epistolar, con imaxes de ida e volta, dende o confinamento de 2020. O proxecto ‘Correspondencias’ xorde para xerar unha ponte entre cineastas galegos e latinoamericanos. Como fixo o cine epistolar entre Galicia e América da década de 1950, daralle visibilidade a cartas filmadas de ida e volta entre realizadores de diversos países.

Kleber Mendonça Filho nos Coloquios na Leira

No día grande de Cans, Kleber Mendonça Filho encontrarase cun público que nos últimos días puido asistir a unha completa retrospectiva da súa obra. Será ás 12 horas no  Espazo Estrella Galicia da Leira do Río. Despois chegará o momento da colocación da súa estrela no Torreiro e unha sesión vermú coa actuación do grupo de música tradicional Acordeireta.

Kleber Mendonça Filhoé un dos realizadores máis valorados internacionalmente nos últimos anos. Cun cinema que retrata a realidade social e política da súa entorna, no Brasil, Mendonça Filho  dirixiu ata o momento tres exitosas longametraxes. A máis recente, ‘Bacurau’, mereceu o premio do Xurado do Festival de Cannes en 2019.

Sección oficial e estrea de ‘El tiempo libre’

As proxeccións das curtametraxes que compiten na sección oficial do Festival na categoría de Ficción e Animación faranse en dobres sesións de mañá e de tarde. Participan 15 curtas, en moitos dos casos realizadas por cineastas cunha interesante traxectoria internacional e premiados en algúns dos festivais máis prestixiosos.

Na sección Furacáns participan 10 películas curtas que apostan por narrativas non convencionais. Proxéctanse no Baixo de Bugarín en sesións de mañá e de tarde. (Preme nos enlaces do encabezamento deste correo para ver as fichas das películas que se presentan hoxe e o horario completo da xornada).

No Invernadoiro de Mucha e Juan do Peso -18 h.- preséntase o segundo filme do polifacético Fernando Epelde, ‘El tiempo libre’. Conta a historia dun home que, conminado pola súa muller, decide adicarse a unha serie de traballos inventados, como o de vendedor de pedras e outros que o conducirán ás casas de personaxes peculiares.

Ao remate da proxección, Epelde presentará en concerto o seu proxecto musical: ‘Chisme’. Durante a tarde tamén se poderá asistir aos concertos de Oh! Ayatollah e de Marco Maril. Este último estará acompañado dunha retrospectiva dos seus videoclips, tanto os da etapa actual coma os da súa época de Apenino. 

A de hoxe sábado será unha xornada chea de música en Cans. Comeza co CanSonoro, o tradicional roteiro sonoro de Xurxo Souto. Dentro das actividades de Mini-Cans, as propostas polo Festival para oa infancia, o Trío Acivro e Federico Pérez presentaranse no Cuberto de Pato ás 19.30 horas.

Clausura: premios e Sés

E coa noite chegarán as actividades de clausura da décimo oitava edición do Festival. Será no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río. Primeiro, ás 22.30 horas, a gala final e a entrega de premios, na que se coñecerán os nomes das cintas mellor valoradas polo xurado e polo público. Despois, ás 23.30 horas, comeza o concerto de Sés cos que o público, os cineastas e o equipo organizador do Festival celebrarán o compartido, e o visionado, en catro días de cinema e cultura. En Cans, unha aldea de cine. 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad