A estrea estará acompañada dunha performance de percusión polos camiños de Cans, a cargo do músico Lar Legido, un dos protagonistas do filme. “Capitán Swing”, o proxecto musical da actriz galega Sara Casasnovas e o músico Martiño Toro, estará presente na Noite Lasal dos videoclips. O Festival recupera o invernadoiro de Mucha e Juan do Peso, un dos seus espazos emblemáticos, para as actuacións de Marco Maril e Chisme, alter ego do director Fernando Epelde.