José Docampo 18/08/2021

Mañá ás 16.00 horas sairán á venda as entradas para o concerto de Xoel López en Mos con motivo de La Vuelta. O prezo dos billetes para o espectáculo que terá lugar no Campo de Fútbol das Baloutas é de 15 euros.

Desde o Concello de Mos infórmase de que mañá, xoves 19 de agosto, ás 16.00 horas da tarde sairán á venda as entradas para o concerto de Xoel López en Mos, que encadran novamente no programa de promoción da etapa 20 de La Vuelta 21 Sanxenxo-Mos, que finalizará no Castro de Herville o vindeiro 4 de setembro.

Os tickets poderán adquirirse a través da plataforma de ticketing Weezevent na ligazón https://www.weezevent.com/xoel-lopez-en-mos-31-de-agosto-2021

O prezo dos tickets para o espectáculo, que terá lugar no Campo de Fútbol das Baloutas o vindeiro 31 de agosto, martes, ás 20.30 horas, é de 15 euros por persoa.

O número de entradas dispoñibles ascende a algo máis de 400, tal e como establecen os protocolos e medidas de prevención anti COVID-19 en vigor, polo que se recomenda aos interesados que non demoren a adquisición das mesmas.

Ademais de Xoel López, o propio 4 de setembro, día da meta da etapa 20 de La Vuelta 21 en Mos, celebrarase outro concerto de altura no municipio. Será o que ofrecerá o emblemático grupo Milladoiro. Este será o terceiro “grande concerto” celebrado este verán no municipio, todos encadrados na promoción do Xacobeo e La Vuelta. O Concello agradece á Xunta o apoio financeiro, sen o que estes concertos “non serían posibles”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad