José Docampo 23/08/2021

Será o vindeiro venres, 27 de agosto, a partir das 22 horas, durante a sesión de Cine na Rúa programada nos exteriores do Centro Dotacional de Torroso.

O mosense Anxo Martínez Rojo presentará no seu municipio natal, o Concello de Mos, a súa curtametraxe ‘Aqueles días de agosto’, que se proxectará previamente ao film ‘María Solinha’.

A reproducción da cinta de Martínez Rojo, que dura 9 minutos, farase antes do visionado da película ‘María Solinha’ e, o coloquio con el, realizarase unha vez rematada a longametraxe. Despois de ‘Aqueles días de agosto’ proxectarase ‘María Solinha’, que tamén contará coa presenza do seu director, Ignacio Vilar, que presentará a cinta e charlará sobre a mesma co público presente. Será o vindeiro venres, 27 de agosto, a partir das 22.00 horas, durante a sesión de Cine na Rúa programada nos exteriores do Centro Dotacional de Torroso.

O acceso ao recinto exterior no que se realizarán as proxeccións abrirase ás 21.00 horas, e o aforo será limitado por protocolo preventivo anti COVID-19, con entrada gratuíta ata completar a cabida.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad