Román González, elixido voceiro provincial de Podemos hai dous meses, encontrou unhas pintadas na súa vivenda que decían “oportunista”, “farsante” e “fóra do Concello”. González anunciou recentemente a súa saída do grupo de Gañamos, que encabezou nas últimas eleccións, para pasarse ao grupo de non adscritos.