Sthela Táboas 18/06/2021

A intención e crear unha exposición que recolla o material aportado polas familias que foron usuarias durante a última década: fotos e cartas

Faise un chamamento para localizar a algún dos primeiros alumn@s que desde os anos 30 do século pasado acudían ás Escolas Unitarias, naquel entón, construídas polos ‘Fillos de Mos Residentes en Bos Aires’

A Escola Infantil de Cototorrón cumpre o vindeiro mes de xullo 10 anos en activo, tras a súa rehabilitación e integración na Rede de Escolas A Galiña Azul do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Para celebrar a súaprimeira década en activo, educando e contribuíndo á conciliación da vida familiar e laboral, o equipo docente do centro, encabezado pola directora, Ana Martínez, decidiron poñer en marcha unha iniciativa moi fermosa: localizar ás familias usuarias ao longo dos anos para pedirlles que, mediante fotografías ou cartas, plasmen a súa experiencia de paso pola Escola. Con todo o material recibido,máis o que xa conservan no centro, o vindeiro mes de xullo realizarase unha exposición, coincidindo coa data de apertura das instalacións fai 10 anos.

A Escola conta co apoio nesta fermosa iniciativa co Concello de Mos. Precisamente onte a alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, visitaban as instalacións para abordar coa directora, os detalles da actividade e para colaborar na difusión do proxecto; para que así se sumen ao mesmo o máximo número de familias posibles.

Incluso se fose posible, algúns daqueles primeiros alumn@s que desde os anos 30 do século pasado, acudían diariamente ás que naquel entón eran as Escolas Unitarias, que foron construídas grazas ás doazóns dos ‘Fillos de Mos Residentes en Bos Aires’, hoxe Asociación Galega de Residentes de Mos en Bos Aires.

Deste xeito, o vindeiro mes de xullo a Escola Infantil de Cototorrón sito na parroquia de Tameiga, será esceario dunha mostra da historia de Mos, da historia educativa do pasado século e do actual. De historias en primeira persoa, como son as dos centos de cativos que levan pasado por estas aulas ao longo dos anos…

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad