José Docampo 19/06/2021

AFAGA e o colexio de Atín protagonizan esta iniciativa “entrañable e inesquecible”.

Onte celebrouse en Torroso (Mos) un acto de encontro dos participantes do proxecto “Atinando Recordos” no que participan o colexio de Atín e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia coa coordinación do Centro de Día de Mos. No acto participaron tamén representantes do Concello.

Os participantes protagonistas do acto foron os amigos por correspondencia deste proxecto que naceu durante o confinamento e que son os cativos de 5º e 6º de Primaria do CEIP de Atín e os maiores usuarios de AFAGA. Depois de máis dun ano carteándose, pequenos e maiores por fin puideron coñecerse en persoa, e intercambiar en man a última carta antes das vacacións escolares de verán.

Son un total de 41 alumnos os que contactan de forma mensual cos maiores de AFAGA, e a través das cartas vanse coñecendo e construíndo lazos de unión. Esta é una actividade entrañable que permite traballar aspectos tan importantes como a empatía, o cariño, o respecto… o que se convirte nunha experiencia inesquecible para ambas partes.

O CEIP de Atín conta cun buzón no centro para darlle visibilidade ao proxecto e para que o alumnado poida depositar e recoller as súas cartas. As mestras de 5º e 6º de Primaria responsables de este proxecto son Joana e Fani.

Esta iniciativa ten os obxectivos principais fomentar a estimulación cognitiva das persoas que teñen alzhéimer ou outra demencia, e estreitar lazos de unión entre nenos e maiores, fomentando valores como o respecto e o agarimo cara aos avós e avoas. Os usuarios e usuarias que participan neste proxecto son as persoas que reciben estimulación nos centros de AFAGA.

Diana Rodríguez, traballadora social de Afaga e coordinadora do proxecto, explica que “a través das cartas, os maiores esfórzanse por atopar na súa memoria eses recordos pasados, esas anécdotas, os xogos, as tradicións, para poder contarllas ao seu alumno ou alumna. Así traballan a memoria e sérvelles de estimulación cognitiva e funcional, xa que son eles mesmos quen escribe as cartas a man”.

Pola súa banda, Joana Pereiro, profesora de quinto de Primaria e responsable do proxecto por parte do CEIP, sinala que a finalidade é “poñer en valor aos nosos maiores, facendo que os alumnos se interesen por coñecer o seu pasado achegándoos así ás nosas tradicións. Os nenos poderán aprender como xogaban antigamente, como era o ensino, as festas, mesmo o seu propio pobo. Cremos que é importante unir a estas dúas xeracións, e xa que o momento actual obrigounos a distanciarnos fisicamente, isto é unha forma de poder achegalos. Ademais, con este proxecto poñemos en marcha un costume cada vez máis en desuso, comunicarse por carta, a emoción de escribilas e recibilas”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad