José Docampo 19/06/2021

A moción presentada pola mosense Feli Rodriguez (PP), require “ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana o arranxo integral e urxente das estradas da súa competencia en Galicia, e concretamente da autovía A-55 ao seu paso por Mos e Porriño, incluíndo os carrís de incorporación e as vías de servicio paralelas”.

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade de todos os grupos políticos unha proposición non de lei presentada pola deputada mosense Feli Rodríguez Carrera a través da que se require ao Goberno central o arranxo integral e urxente da autovía A-55 ao seu paso por Mos e Porriño, incluíndo os carrís de incorporación e as vías de servicio paralelas.

A deputada popular, Feli Rodríguez lamentou “o estado de deterioro e abandono que está a sufrir a autovía A-55, unha vía de titularidade estatal e a única ruta libre de peaxe de entrada a Vigo”. Isto xa había sido denunciado publicamente con anterioridade pola Alcaldesa de Mos Nidia Arevalo.

“Este deterioro e abandono por parte do Goberno central incrementa o risco de accidentes, que por desgraza xa son bastantes nesta castigada e mal chamada autovía”, sinalou, para a que demandou unha rehabilitación total do firme con asfalto antirruído e absorbente permeable.

Feli Rodríguez lembrou que conservar a rede de estradas en condicións axeitadas para garantir a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios vías cómodas que faciliten os seus desprazamentos debe ser un obxectivo prioritario das administracións con competencias na materia”.

“Por este motivo, a reparación desta autovía é unha necesidade que lle debemos a todos os usuarios deste tramo tan perigoso da A-55, así como a todos os veciños de Mos, Porriño, Vigo e da comarca da Louriña e do Baixo Miño, e de todo o sur de Pontevedra, en definitiva en favor de todos os usuarios que non teñen outra alternativa libre pago para entrar a Vigo e non so a Vigo tamén para tomar a intersección de Puxeiros que comunica cas autopistas cara o Morrazo, Baiona ou Pontevedra.”, engadiu.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad