Voices Verán contará coa actuación de The Jayhawks, ocasión na que ademais a banda americana presentará o seu novo traballo, ‘XOXO’, e estarán arropados por Os amigos dos músicos, unha das bandas galegas con maior proxección nacional. “Pouco a pouco volvemos coller o pulso cultural da cidade tomando como exemplo o espectáculo do ano pasado formato de exterior para aumentar a seguridade e que poidan asistir un maior número de persoas” destacou Carme Fouces, a concelleira de Cultura de Pontevedra. “Pontevedra serán a primeira en recuperar un panorama musical cultural cunha apertura e unha proxección internacional”, resaltou Carlos Montilla, director de I-Radia Crea, promotora deste ciclo xunto co Concello de Pontevedra. As entradas para Voices Verán poderán adquirirse desde as 12.00 horas do 16 de abril a través de Ataquilla.