Redacción 06/05/2021

O voceiro provincial, Román González, sinala que, “a sinatura deste convenio non fai máis que darlle continuidade e consolidar a perda de poder adquisitivo levada a cabo sistemáticamente ao longo da última década, precariza a contratación temporal, e vai en contra das políticas que queremos levar a cabo dende o noso partido”.

 

A executiva provincial de Podemos “manifesta o seu máis rotundo apoio as traballadoras e traballadores do sector do metal” da provincia de Pontevedra trala sinatura estes últimos días do convenio colectivo do sector para os anos 2020, 2021 e 2022. Este convenio é entendido pola formación morada como un atraso nos dereitos laborais de todo o sector, e opinan que suporá, no eido económico, a consolidación da perda de poder adquisitivo levada a cabo durante a última década.

Contratiamente ao “que Podemos defende nas súas políticas”, este acordo profundiza na precarización das traballadoras e traballadores eventuais. Sinalan tamén, que non poden estar dacordo coa sinatura dun convenio no que, non se ratifica nunha asamblea de traballadoras e traballadores. Roman González sinalou estes días que “a sinatura deste convenio non fai máis que darlle continuidade a consolidación da perda de poder adquisitivo levada a cabo sistematicamente ao longo da última década no sector, e precariza a contratación temporal, algo que vai en contra das políticas que queremos levar a cabo dende o noso partido”. “Por suposto, cando dito acordo non se ratificou nunha asamblea de traballadoras e traballadores, nunca poderemos estar dacordo, xa que entendemos que a soberanía para tomar este tipo de decisións, correspóndelle a todo o conxunto das traballadoras e dos traballadores”, finaliza o voceiro.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad