José Docampo 08/06/2021

A cooperativa estradense Camiño Cultural ofrecerá bolsas con produtos ecolóxicos durante a vindeira Feira da Sidra.

A bolsa da IX Feira da Estrada, iniciativa da cooperativa “Camiño Circular” e que estará a venda toda esta semana con varios formatos que inclúen sidra, mosto, marmelada, galletas e chocolate, todo elaborado con mazá ecolóxica, trunfou esta mañá na Deputación. A iniciativa foi presentada pola presidenta da institución provincial, Carmela Silva, acompañada polas integrantes da cooperativa, Mar Blanco e Lara Blanco, o propietario da Sidraría Ribela, Jesús Armenteros, e o da Sidraría Peroja, Víctor Peroja. Silva felicitou á cooperativa estradense por esta iniciativa e polos seus esforzos por xerar economía verde e sostible dende o rural lembrando que “a economía de proximidade xera actividade no presente e, ademais, é garantía de futuro”. A presidenta animou a mercar as bolsas, “que conteñen produtos ecolóxicos dunha enorme calidade, tanto para consumilos directamente como para agasallalos”.

Na presentación amosáronse os produtos que integran as bolsas como as botellas de sidra Peroja, Ribela e Rabiosa, o mosto ecolóxico, a marmelada de mazá de Rebulidoiro Granxa Eco, as galletas de mazá da panadería Cervela e o chocolate con mazá da pastelería Mimela. Todo elo presentado na bolsa deseñada por Monster Studio, da Estrada, polo que, como destacou Mar Blanco, falamos “dunha bolsa 100% estradense”. A bolsa ao completo ten un custo de 45 euros, con catro produtos, 35 euros e con dous, 25 euros. As compras poden realizarse a través do enderezo electrónico info@caminocircular.com, no teléfono 687 288 566 ou paxina de Facebook de Camiño Circular, entre outras canles.

“O mundo rural terá futuro cando sexamos conscientes de que ten enormes potencialidades ligadas á actividade económica e ao turismo; centradas na sustentabilidade e creando redes locais que permitan sumar a moita xente en proxectos comúns”, reivindicou Carmela Silva. A presidenta da Deputación puxo en valor a iniciativa “posta en marcha por mulleres” a través da “marabillosa” Cooperativa Camiño Circular, e festexou que a Feira da Sidra poida ser unha realidade, nun contexto tan adverso como o actual, a través desta bolsa. Na súa opinión, o feito de que haxa mulleres á fronte deste proxecto e mulleres que poñen en marcha iniciativas a prol do rural contribúe a loitar contra o despoboamento e brinda oportunidades para igualar dereitos e servizos con respecto ao “mundo urbano”.

Silva lembrou o apoio da institución provincial á industria artesanal da sidra da Estrada a través de actividades como as visitas guiadas ás maceiras en flor (evento que comparou coa floración das cerdeiras no val do Jerte), a celebración do día do turismo sostible en 2019 ou coa creación, xunto con Odega, da Ruta da Sidra. Ademais, fixo fincapé no “enorme esforzo que se está a facer pola internacionalización”: “os produtores/as son moi conscientes de por onde teñen que ir no futuro”. A presidenta rematou destacando que cando os produtores se asociaron, o sector da sidra cobrou forza e este produto ecolóxico cobrou todo o seu protagonismo.

A presidenta destacou tamén a crecente importancia da economía que pivota ao redor da sidra na Estrada e recoñeceu a aposta “por competir dende a calidade e o ecolóxico”. En opinión de Silva “non hai mazá nin sidra como a nosa; síntoo moito por Asturias, que é unha comunidade á que queremos moito”.

Pola súa banda, Mar Blanco explicou que a Cooperativa Camiño Circular decidiu “emprender dende o rural para axudar a dinamizar a nosa contorna, contribuír a que a xente teña mais oportunidades laborais e dinamizar o rural desde diferentes camiños”. A mazá xurdiu así como unha oportunidade: “Hai 60 produtores que producen maceira ecolóxica e outros 30 que están en proceso de transición”, polo que “apoialo nestes momentos tan difíciles” é moi necesario. “Recuperamos actividades tradicionais e xeramos ingresos nas economías familiares e alternativas dignas de traballo”, concluíu. Finalmente, Jesús Armenteros agradeceu á Deputación o seu compromiso e insistiu na necesidade de que “sexamos nós os que prescribamos os nosos produtos”. O propietario da Sidraría Ribela recordou as primeiras iniciativas que fixeron posible a creación dunha “Feira da Sidra que hoxe está considerada unha das mellores de España e Europa”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad