CULTURA O PORRIÑO

José Docampo 14/08/2021

A estrea estará acompañada dunha performance de percusión polos camiños de Cans, a cargo do músico Lar Legido, un dos protagonistas do filme. “Capitán Swing”, o proxecto musical da actriz galega Sara Casasnovas e o músico Martiño Toro, estará presente na Noite Lasal dos videoclips. O Festival recupera o invernadoiro de Mucha e Juan do Peso, un dos seus espazos emblemáticos, para as actuacións de Marco Maril e Chisme, alter ego do director Fernando Epelde.

Sthela Táboas 31/07/2021

En esta segunda edición contará con un cartel formado por Pongo, Boyanka Kostova, Vierto, Mounqup, Teresa Ferreiro y Los Penediños de Atios

Las entradas podrán adquirirse desde este lunes 2 de agosto a las 12.00 h en www.sonsdacanteira.gal, con un descuento del 25% para los que merquen en las dos primeras horas de la puesta a la venta

Sabela Landín 07/07/2021

 A asemblea da Asociación Cultural Arela, que organiza o Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra do certame o Premio Pedigree, ao director lucense Jorge Coira (Rábade, 1971). A organización do certamen considera a Jorge Coira como unha figura fundamental no desenvolvimento do audiovisual galego nos últimos vintecinco anos. Coira recibirá o Can de […]

Sabela Landín 29/06/2021

O Festival de Cans acollerá por segunda vez o Concurso “Pintar o Cine” de Pintura Rápida na cita anual do evento coa creación artística. A actividade, que estará patrocinada pola empresa GALPI (Galicia de Pinturas), terá lugar en O Porriño, no entorno da praza do Concello, o xoves 2 de setembro. O concurso que se realizou con enorme éxito por primeira […]

José Docampo 12/06/2021

O documental, proposto pola veciña de Cans María Jesús Sánchez, realizarase a través dun curso de formación de guión, edición e montaxe, no marco do Proxecto Cans 303. Haberá un máximo de 10 prazas disponibles para participar neste curso que terá lugar os sábados e está coordinado polo realizador Juanma Lodo. O Festival fai un chamamento a todas as persoas maiores que teñan fotografías ou poidan lembrar historias arredor destas mulleres estraperlistas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad