Sthela Táboas 18/10/2022

Esta actuación que terá lugar ás 19.00 h é a primeira das cinco que pechan o ciclo `Música no Camiño´ xunto a Awen, Acevedos Delgados, 2Tipos e Up2You

Tras un mes de concertos cos que Eu Rural, Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño deron visibilidade a grupos emerxentes do territorio, xerando espazos de lecer con boa música, viño DO Rías Baixas e gastronomía local, pechará o programa con 5 citas musicais esta fin de semana, unha delas no Porriño.

Deste xeito, Raúl Ben -músico, produtor, compositor e arranxista porriñés- ofrecerá aos seus veciños, este venres 21 ás 19.00 h na praza Arquitecto Antonio Palacios, un concerto con tintes de pop acústico, blues, jazz, ritmos latinos e das letras dos grandes cantautores de fala hispana; matices ben distintos que denotarán a sensibilidade dende a primeira canción.

O sábado 22 a música continuará ás 13.00 h, na Praza Centinela de Oia e a cargo de Awen, onde ofrecerán os vigueses subirán ao escenario para facer pasar un bo rato ao público con versións de pop, rock, soul e blues, así como do seu propio repertorio. Pola tarde será a quenda de Acevedos Delgados, ás 19.00 h na Praza Rosalía de Castro de Gondomar.

O domingo 23 de outubro este ciclo musical pechará as súas portas con dúas novas actuacións, o dúo musical 2Tipos ás 13.00 h na Praza de Talorio de Soutomaior, cun amplo repertorio de temas coñecidos nacionais e internacionais. Xa pola tarde,  ás 19.00 h na Praza de San Fernando de Tui, Up2You pechará este mes de música cun repertorio que vai do rock ao soul, con toques de country e algunhas pinceladas do mellor pop dos anos 70 e 80.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad