ACTUALIDAD

Redacción 25/04/2023

O alcalde e candidato á reelección avanzou a incorporación de Carlos Martínez Nogueira, que se perfila como peza importante do próximo mandato ocupando o número dous

Rosa Isabel Romero e Marcos Martínez completan, xunto co seu actual equipo de concelleiros e concelleiras, os once corporativos cos que Lorenzo aspira a conformar o próximo goberno municipal

Sabela Landín 23/04/2023

O Director Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade e a Asesora do Gabinete da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais acompañaron ás entidades representativas da discapacidade para coñecer o proxecto Rumbo, un modelo que pretende retrasar a institucionalización non desexada da persoa.

Arrancando o ano pasado, neste proxecto participan máis de cen persoas usuarias das catro entidades representativas da discapacidade.

Sabela Landín 21/04/2023

O festival volverá a ter no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río o epicentro da súa programación musical, recuperará o Torreiro e programará un total de 25 actuacións musicais nos cinco días de duración
Entre os primeiros nomes confirmados do festival están o regreso a Cans de Tony Lomba e Elio dos Santos, os cataláns Serial Killerz e as galegas Zeltia Irevire, Mallou e Paloma
O espazo singular do invernadoiro contará coa presenza do recoñecido cantautor chileno Nano Stern e da poeta e acordeonista Rosalía Fernández Rial, cun aforo de só 75 entradas por actuación a un prezo de 5 euros.

Sabela Landín 21/04/2023

A Asemblea local do Bloque Nacionalista Galego de Salceda de Caselas presenta este venres ás 20:30h no Auditorio Municipal desta localidade, a súa candidatura para as eleccións locais de maio de 2023, que encabeza Salustiano Guerra García como candidato á alcaldía. Ao acto ao que está convidada toda a veciñanza de Salceda de Caselas e […]

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad