Redacción 01/07/2023

O PSdeG-PSOE acusa ao PP porriñés de crear nóminas encubertas para os concelleiros sin adicación exclusiva

O partido socialista do Porriño, representado polos concelleiros David Alonso e Sthela Mª Táboas, acudían o pasado luns ás 09.00 h ao segundo Pleno Extraordinario do Concello do Porriño, desta nova lexislatura.

A chegada dos concelleiros ao salón plenario comezou con discrepancias “pois os grupos da oposición vémonos relegados á segunda fila de cadeiras, quedando na parte de adiante das dúas bancadas (a parte máis visible) só concelleiros do PP.

Tanto PSdeG coma o BNG amosaron as súas discrepancias con esta colocación dos concelleiros imposta polo PP, pois a nova disposición incumpre o artigo 3 do ROM, chegando a suspenderse a sesión ate a segunda convocatoria ás 10.00 h.

Unha vez reanudado o Pleno, entre os puntos da orde do día atopábase a distribución das competencias exclusivas e da Xunta de Goberno, compoñendo normalmente esta última, os concelleiros con adicación completa para aforrar o custo de asistencias ás arcas públicas.

Atopámonos cun escándalo maiúsculo cando nomea aos concelleiros sin salario (do 8 ao 16 da candidatura popular) á fronte da Xunta de Goberno, co fin de que os edís conten con ingresos mensuais, xa que os seus compañeiros de goberno copan todos adicacións exclusivas, poidendo repartilas en parciais. Esta situación deixa entrever pouca xenerosidade e compañeirismo, aínda que asumen competencias de suma importancia para O Porriño.

O portavoz do PSdeG-PSOE do Porriño, David Alonso propón que “as comisións informativas se asignen aos concelleiros con adicación exclusiva, aínda que á vista está que nomeando aos concelleiros sin nómina está a montar o seu ‘chiringuito’ particular”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad