Redacción 01/07/2023

O borrador dos orzamentos deixa atrás a clubes deportivos, asociacións, estudantes, persoas maiores e discapacitadas sen partida orzamentaria, ademais de baixar a 20.000 € a subvención destinada ao Festival de Cans

Este venres, o Partido Socialista do Porriño, a través do seu voceiro David Alonso, mantivo unha reunión co voceiro do Goberno Local, Carlos Martínez, amosándolle a súa posición favorable á aprobación do orzamento municipal. “O PSOE non porá impedimentos a condición de que se incremente un 1% o gasto social e se informe a todos os habitantes do Porriño, sobre o contido do borrador de Adif para soterrar a vía do tren”.

Unha vez examinado o contido dos orzamentos, os socialistas  propoñen unha serie de modificacións que buscan mellorar a vida dos porriñeses, como a gratuidade dos libros de texto para nenos de 3 a 6 anos; a implantación de bolsas de intercambio noutros países, para fomentar a aprendizaxe do inglés; a creación do sistema de bono taxi, para persoas con dificultades de desprazamento debido a discapacidades ou enfermidades; e a implementación do programa de coidadores de barrio, para atender ás persoas maiores en situación de soidade.

Así mesmo, o PSOE esixe que se cumpra o compromiso do alcalde de duplicar a axuda económica ao Festival de Cans, así como actualizar a partida destinada ao Círculo Recreativo Cultural, xa que “consideramos que o seu labor social e cultural está infravalorado co convenio actual”. Tamén se expón a necesidade de crear subvencións nominativas para aqueles clubes que actualmente non as reciben.

En canto ás reducións orzamentarias, proponse eliminar gastos de representación e protocolo da Alcaldía e dos grupos do goberno, así como reducir as partidas destinadas a festexos, publicidade e propaganda xa que “aínda que recoñecemos a importancia destes eventos, consideramos que tamén é necesario impulsar outros sectores”.

O Partido Socialista fai un chamamento ao Gobierno para que, a pesar da súa maioría “demostre sensibilidade social e acepte as propostas expostas, as cuales cremos son fundamentais para o crecemento do Porriño e para garantir unha repartición máis equitativa e digna do acceso aos servizos públicos”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad