O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou as instalacións desta compañía en Mos da que destacou a súa aposta pola diversificación, a innovación, a sustentabilidade e a internacionalización
Avanza que xa está aberta a liña de axudas de economía circular coa que o Goberno galego axuda a pemes e autónomos a contar con procesos máis eficientes e maiores aforros de consumo e da que esta empresa foi beneficiaria na anterior convocatoria