Sthela Táboas 08/02/2023

O Concello de Tui establece un único premio dotado con 700 € para o cartaz gañador de entre os participantes, que poderán presentarse até o 28 de febreiro ás 14:00 h

O Concello de Tui abre a convocatoria do concurso para a elección do cartaz anunciador das Festas de San Telmo 2023, no que poden participar artistas plásticos, creadores ou calquera persoa que estea interesada; establecéndose un único premio de 700 € e un diploma. 

Para participar débense presentar un máximo de tres obras, orixinais e inéditas, nas que deben figurar “Festas de San Telmo. Tui, 8–17 de abril de 2023. Festas declaradas de interese turístico galego”, así coma a marca corporativa do Concello de Tui.

O xurado terá en conta na súa valoración que “o cartel identifique na súa expresión gráfica á cidade e ás festas de San Telmo”, reflectindo os valores que se expresan para as Festas de San Telmo, centrados principalmente na devoción ao patrón, a participación e a tradición popular, a tradición secular, a accesibilidade universal á festa e á cultura, a igualdade e a proxección exterior da cidade.

Así, nas bases do concurso, recóllese que “estes tres obxectivos plasmaranse na composición dos traballos, reflectindo un espírito festivo con marcada orientación publicitaria e artística e de promoción, tanto das festas anunciadas como da propia cidade de Tui”.

O carteis, cun tamaño de 50 x 70 cm, poderán realizarse en técnica e cores libres, pero deberase ter en conta que a impresión do gañador realizarase en cuatricromía.  O cartel presentarase baixo un lema, no Rexistro da casa do concello ou na Biblioteca Pública Municipal, até o 28 de febreiro ás 14:00 h.

Achegarase en formato dixital, xunto coa documentación requirida, e en formato impreso, sobre un bastidor ríxido de cartón pluma sen molduras ou cristal. Con todos os carteis presentados a concurso, e que cumpran o establecido nas bases do mesmo, realizarase unha exposición.

As bases completas deste concurso pódense consultar na web municipal tui.gal.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad