O Concello de Mos emite unha nota de prensa onde critica ao Ministerio de Facenda e Deputación por “impoñer” a revisión catastral sen previo aviso, evitando así que poida “defender os dereitos dos veciños”. Porén, a oposición lembra que a ponencia de valores vixente en Mos é do ano 1988, unha anomalía que dá lugar a irregularidades e graves situacións discriminatorias.