Redacción 19/02/2021

A institución provincial repartirá 1.900 euros nestes galardóns, que buscan fomentar a iniciativa emprendedora entre o alumnado da Formación Profesional de grao medio e superior e na que toman parte este ano seis centros educativos da provincia.

 

A Deputación de Pontevedra vén de convocar unha nova edición dos Premios Demo Day para os centros que este curso están adheridos ao proxecto “DepoEmprende na FP”, cuxo obxectivo é promover entre o alumnado de Formación Profesional de Grao Medio e Superior a iniciativa emprendedora, tanto no ámbito empresarial coma no autoemprego, e tamén a actitude necesaria para asumir riscos e responsabilidades.

A estes galardóns, que buscan fomentar o lanzamento das diferentes propostas elaboradas polo alumnado, así como identificar e apoiar proxectos susceptibles de ser desenvolvidos, poden optar os centros educativos que este ano participan: o CIFP Manuel Antonio (Vigo); o CPR Daniel Castelao (Vigo); o CPR San Miguel (Vigo); o IES Johan Carballeira (Bueu); o CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) e o IES Plurilingüe Terra de Turonio (Gondomar).

Trala publicación este xoves das bases da convocatoria no Boppo, os centros educativos poderán presentar as súas solicitudes de inscrición a partir deste venres 19 e con prazo ata o día 11 de marzo. A Deputación destina a estes premios un orzamento de 1.900 euros, distribuído en dous premios de 700 e 500 euros para os proxectos da categoría de Grao Superior e un premio de 700 euros para os da categoría de Grao Medio.

Segundo establecen as bases, os centros participantes poderán presentar como máximo dous proxectos de entre os desenvoltos no marco do programa. Unha vez elixidos, a Deputación desenvolverá co alumnado un programa intensivo de apoio e asesoramento, formación e mintorización, denominado “Aceleración de proxectos” para axudarlles no proceso de elaboración. Finalmente, o xurado examinará as ropostas presentadas e terá en conta para a concesión destes premios a valoración do proxecto, innovación; a súa contribución social; solidez e viabilidade, estratexia comercial e, por último, a presentación.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad