Redacción 18/02/2021

A subdelegada do Goberno informou xunto ao Xefe da Comandancia da Guardia Civil de Pontevedra que os casos activos de vítimas de violencia de xénero no partido xudicial do Porriño son 69

 

 

O Concello do Porriño representado polo alcalde accidental, Pedro Pereira, xunto ao xefe da Comandancia da Guardia Civil de Pontevedra, o Coronel Simón Venzal, e a subdelegada do Goberno na provincia, Maica Larriba,  renovaron hoxe a adhesión do municipio ao protocolo “Vioxén”. 

Trátase do programa de vixilancia e protección integral para as mulleres vítimas de violencia de xénero; un protocolo que establece a colaboración entre a Policía Local do Porriño e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Antes da sinatura da renovación do protocolo, a subdelegada do Goberno informou de que os casos activos de vítimas de violencia de xénero baixo este sistema de vixilancia son 69 no partido xudicial do Porriño: 34 correspondentes a Mos, 24 a Porriño e 11 a Salceda.

Maica Larriba definiu que este modelo de colaboración entre administracións para protexer ás vítimas de violencia de xénero “é un bó exemplo de cogobernanza. Para o Goberno que represento, a loita contra a violencia de xénero é unha prioridade e quero transmitir a mensaxe a todas as mulleres de que non están soas”, dixo a subdelegada.

Pola súa banda, Pereira agradeceu “este eficaz modelo de cooperación no que debemos empregar todos os recursos necesarios e que nunca será suficiente mentres haxa unha muller vítima de violencia de xénero”.

No acto, celebrado este mediodía no salón de plenos do Concello porriñés, tamén participaron as concelleiras de Seguridade e Igualdade, Lourdes Moure Cami Moreira, respectivamente;  a xefa da unidade “Viogén” na provincia, Manuela Vilaboy; mandos do cuartel da Guardia Civil de O Porriño e o xefe accidental da Policía Local da vila.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad