ACTUALIDAD TUI

Mónica Romero 18/06/2021

Até o próximo mércores, 23 de xuño, ás 14 h está aberto un novo prazo inscrición para o Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021. A existencia de prazas vacantes levou ao concello a abrir este novo. Hoxe mesmo publicouse na web municipal www.tui.gal a listaxe cos nenos e nenas admitidos nas dúas quendas establecidas.

Agora os participantes admitidos deberán solicitar a carta de pago do campamento presencialmente no departamento de Tesourería ou no correo cobros@tui.gal, e efectuar o pago dos 30,56€ por participante e quenda.

As novas inscricións realizaranse cubrindo a documentación requirida, e a admisión realizarase por orde de entrada no rexistro do concello até completar o número de prazas dispoñible.

O martes 29, ás 20.30 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, realizarase unha reunión informativa cos/as pais/nais/titores/titoras das persoas participantes, mantendo as medidas de seguridade establecidas en materia de COVID19.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad