Mónica Romero 24/06/2021

Entregáronllas na Oficina de Turismo tamén ao alcalde e ao concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago

Este martes un grupo de alumnos do CEIP de Rebordáns visitaron a Oficina de Turismo de Tui para entregar unha colección de sobres con plantas medicinais, preparados por eles mesmos, aos peregrinos e peregrinas que visitan a nosa cidade. Alí explicáronlle a súa iniciativa ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e ao concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso. Ambos dirixentes agradeceron o seu traballo e a achega deste material.

Como informa a dirección dese centro escolar: “Todo partiu do proxecto de Horto Escolar deste curso: Plantamos diversas herbas aromáticas e medicinais, regámolas, coidámolas con agarimo e… unha vez recollidas, ocorréusenos clasificalas en sobres para ofrecerllas aos peregrinos e peregrinas, sentíndonos de este modo parte activa deste concello. Nos sobres explicamos as propiedades curativas de cada herba, así coma o obxectivo desta actividade. Escribímolo en galego, castelán e inglés para que a nosa mensaxe chegara a todos.”

Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, esta iniciativa escolar pon en valor o traballo colaborativo en relación ás rutas xacobeas, a sensibilización dos escolares en torno a este fenómeno da peregrinación e o seu amplo patrimonio, neste caso natural, relacionado co Camiño de Santiago. Tamén felicitou ao alumnado e profesorado do CEIP de Rebordáns por esta feliz iniciativa.

Pode atoparse máis información sobre este proxecto no enderezo https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipderebordans/

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad