Mónica Romero 26/06/2021

C21 congratúlase de que o Concello asumise a súa iniciativa de adecentar e asegurar o edificio da Rúa Concordia 47

O concelleiro do partido liberal de Tui, ven de congratularse de que, por fin, o Goberno Local asuma os traballos de adecentamento do edificio da Rúa Concordia nº 47, (antigas instalacións de Cam-Fram), o cal entrañaba un foco de perigo, sobre todo debido aos cristais rotos colgantes e que supoñía unha imaxe espantosa en plena entrada de Tui.

Esta iniciativa procede dun rexistro de entrada de Converxencia 21, concretamente do día 12 de decembro de 2019, no que C21 pedía no marco da súa campaña #tuiseguro, que se actuara, precisamente, na seguridade do perimetrado e se retiraran os cristais de dentro do edificio, insistindo posteriormente sobre a mesma cuestión durante varias sesións plenarias.

Cara ao futuro, onde este edificio acadará a súa funcionalidade, José Palacín pide: “Reflexión e diálogo ao Goberno Local ao respecto das decisións que se tomen no movemento de pezas e a utilización dos edificios públicos porque o sucedido co parking é un exemplo de hipoteca asumida unilateralmente por un Goberno pero que afectará de por vida a tódolos tudenses, e isto non pode volver a ocorrer.

En todo caso, os liberais felicitan ao Goberno por iniciar as abras de apuntalamento da seguridade en Concordia 47, se ben consideran o gasto da actuación algo elevado”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad