Redacción 24/03/2023

Un total de 779 peregrin@s pasaron por Tui o pasado mes, dos que 185 partiron 185 da vila, convertendoa na terceira ruta máis escollida para saír cara Santiago de Compostela

A Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago de Compostela entregou un total de 779 ‘Compostelas’, a peregrin@s que realizaron o Camiño Portugués ao longo do pasado mes de febreiro; datos que baten os rexistros de peregrinos de calquera outro ano, cun incremento do 36% respecto aos 571 peregrinos do pasado ano 2022, ou do 60% en relación aos 478 peregrinos do Camiño Portugués en febreiro de 2019.

Este notable incremento tamén se experimenta no Camiño Portugués da Costa, que no seu trazado oficial en Portugal chega a Valença e Tui, e tamén no Camiño Francés aínda que neste caso cunhas porcentaxes  de incremento de camiñantes moito máis moderadas.

No que atinxe aos lugares de saída dos peregrinos e peregrinas a cidade de Tui con 185 peregrinos ocupa o terceiro lugar elixido polos peregrinos de calquera Camiño no pasado mes de febreiro tras as localidades de Sarria (847), no Camiño Francés, e  de Porto (281) no propio Camiño Portugués. Cabe sinalar que sumando os 162 peregrinos que comezaron a súa peregrinación en Valença, na Eurocidade Tui – Valença comezaron o Camiño Portugués o 44,50% dos peregrinos, en concreto 347 camiñantes.

Para o alcalde tudense, Enrique Cabaleiro, a consolidación do incremento nos datos de peregrinos polo Camiño Portugués, xa apuntada no pasado mes de xaneiro, é unha excelente noticia para a nosa cidade que ten no Camiño Portugués unha das súa referencias culturais e turísticas. Como apuntan tamén os datos estatísticos da Oficina Municipal de Turismo, a gran maioría dos peregrinos neste mes son de procedencia estranxeira cunha notable presencia de visitantes alemáns.

O rexedor tudense reitera a necesidade de ser conscientes do reto que supón para os axentes implicados na xestión do Camiño Portugués estes datos e as expectativas que suscita para este ano 2023, e iso reclama de todos un esforzo para mellorar as condicións da acollida aos peregrinos que se achegan ata Tui dinamizando á vida social e económica da nosa cidade, porta histórica dos Camiños Portugueses a Santiago.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad