Trátase dunha medida unha medida que busca reducir a presión económica d@s veciñ@s e comerciantes
O Grupo de Goberno de Salvaterra de Miño anuncia a conxelación de todas as taxas municipais para o próximo ano 2022,
Dende o Concello explican, que o obxectivo desta acción é “conter a presión fiscal durante esta pandemia sanitaria, igual que se fixo o ano pasado, e as posibles consecuencias económicas que se empezan a dirimir dela e da inflación que están soportando os nosos veciñ@s”.
Impostos como rodaxe de vehículos, saneamento, auga e vados de aparcamento, manterán o seu importe un ano máis; para reducir a presión económica sobre os contribuíntes, especialmente importante nesta situación de crisis.
Ademais dende o Concello destacan o gran esforzo que se fai coa rebaixa fiscal que se aplicará a partir do ano 2022, no imposto de rodaxe de vehículos, cunha bonificación do 50% aos vehículos eficientes; o desconto do 30% da cota íntegra do Imposto sobre Bens Inmobles, nos que se instalen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar, e outro 30% de desconto na cota correspondente para os suxeitos pasivos que tributen por cota municipal e que utilicen ou produzan enerxía a partir de instalacións para o aproveitamento de enerxías renovables; ou sistemas de conxelación no Imposto de Actividades Económicas. Todas elas, medidas adoptadas dentro do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible aprobado polo Concello neste ano.
A pesares de que a recadación é fundamental para que un Concello leve a cabo programas e inversións, neste momento o grupo de Goberno local cree que “a prioridade é non agravar máis a situación dos seus veciñ@s e comerciantes nun momento no que estamos vendo como a súa capacidade económica se ve disminuída, en gran medida ao incremento do prezo de servicios básicos como pode ser a luz, gas, o combustible, a cesta da compra… e por iso segue mantendo os descontos no Imposto de Construcións, para aquelas empresas que xeren novos postos de traballo no municipio.