Sthela Táboas 16/12/2021

Trátase dunha medida unha medida que busca reducir a presión económica d@s veciñ@s e comerciantes

O Grupo de Goberno de Salvaterra de Miño anuncia a conxelación de todas as taxas municipais para o próximo ano 2022,

Dende o Concello explican, que o obxectivo desta acción é “conter a presión fiscal durante esta pandemia sanitaria, igual que se fixo o ano pasado, e as posibles consecuencias económicas que se empezan a dirimir dela e da inflación que están soportando os nosos veciñ@s”.

Impostos como rodaxe de vehículos, saneamento, auga e vados de aparcamento, manterán o seu importe un ano máis; para reducir a presión económica sobre os contribuíntes, especialmente importante nesta situación de crisis.

Ademais dende o Concello destacan o gran esforzo que se fai coa rebaixa fiscal que se aplicará a partir do ano 2022,  no imposto de rodaxe de vehículos, cunha bonificación do 50% aos vehículos eficientes; o desconto do 30% da cota íntegra do Imposto sobre Bens Inmobles, nos que se instalen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar, e outro 30% de desconto na cota correspondente para os suxeitos pasivos que tributen por cota municipal e que utilicen ou produzan enerxía a partir de instalacións para o aproveitamento de enerxías renovables; ou sistemas de conxelación no Imposto de Actividades Económicas. Todas elas, medidas adoptadas  dentro do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible aprobado polo Concello neste ano.

A pesares de que a recadación é fundamental para que un Concello leve a cabo programas e inversións, neste momento o grupo de Goberno local cree que “a prioridade é non agravar máis a situación dos seus veciñ@s e comerciantes nun momento no que estamos vendo como a súa capacidade económica se ve disminuída, en gran medida ao incremento do prezo de servicios básicos como pode ser a luz, gas,  o combustible, a cesta da compra…  e por iso segue mantendo os descontos no Imposto de Construcións, para aquelas empresas que xeren novos postos de traballo no municipio.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad