Sabela Landín 16/12/2021
Coche Mos

A nova adquisición, o tercer vehículo neste último ano,  son todos modelos  híbridos non enchufables con etiqueta ambiental ECO.

O goberno de Nidia Arevalo leva a cabo a renovación da frota de vehículos da Policía Local coa adquisición, mediante renting, dun novo vehículo Suv Híbrido concedido grazas á subvención do Fundo de Compensación Ambiental da Dirección Xeral de Administración Local dá vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo dá Xunta de Galicia, por importe de 33.152 euros e fondos propios do Concello.

Este únese a outro vehículo de iguais características adquirido o ano pasado mediante o mesmo sistema de renting e grazas á mesma subvención.

Esta modalidade de alugueiro supón unha vantaxe porque inclúe o mantemento integral, reparación e seguro a todo risco durante o período do contrato.

Estes dous vehículos cuxas características técnicas, entre outras, son: híbrido non enchufable con etiqueta ambiental ECO, favorecerán as intervencións dos axentes encamiñadas á protección do medio ambiente e a contorna natural, propósito que garante a etiqueta ECO. O Concello mantén así o seu interese e propósito de loitar contra o cambio climático e reducir as emisións de CO2 e por unha mobilidade sostible.

O ano pasado tamén se adquiriu mediante unha subvención da Vicepresidencia da Xunta e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de 31.832,52 euros, unha furgoneta totalmente equipada para atestados.

No ano 2015 o goberno local iniciou a renovación da frota policial coa cesión, desde a mesma Consellería, dunha motocicleta Yamaha XT 660 R, e no 2016 mediante unha subvención adquiriu un Citroen Cactus.

Con esta última incorporación a Alcaldesa cumpre coa modernización da Policía Local iniciada nos últimos anos, coa incorporación novos axentes, a dotación de material policial actualizado e a inauguración de novas instalacións. Mellorando substancialmente as condicións en que prestan servizo os axentes e a seguridade da veciñanza. Foi a antigüidade dos vehículos o que levou ao Concello mosense á renovación total da frota que constaba dun Citroen Xsara, un Nissan Qashqai e un Renault Megane de máis de 20 anos algún deles, con bastantes problemas e deteriorados polo uso, feitos que ocasionaban un gasto continuo en mantemento e reparacións. Os vehículos superan os 200.000 kilometros e nalgún dos casos os 360.000, sendo a súa matriculación no 2000, datos que evidencian a necesidade de renovar o parque móbil

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad