Redacción 21/08/2023

Será mañá martes a cargo da profesora da Universidade de Santiago, Marta Cendón

Mañá martes continua o programa de visitas guiadas “Coñece o noso patrimonio” que están a percorrer diversos elementos patrimoniais da nosa cidade organizadas polo Instituto de Estudios Tudenses en colaboración co Concello de Tui. O obxectivo é facilitar un achegamento a diversos espazos patrimoniais tudenses dan de  especialistas

Mañá martes ás 20.00 horas a profesora de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, Marta Cendón Fernández, guiará unha visita denominada “A catedral de Tui no medievo. Un percorrido exterior a través do románico e o gótico”.

A historiadora tudense licenciouse en 1989 coa especialidade de Arte Antiga e Medieval; Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa teses sobre  “Iconografía funeraria del obispo en la Castilla de los Trastámara” (1995) dirixida por Dr. Manuel Núñez Rodríguez. Ademais, realizou estudos en Estrasburgo, Madrid, París e Perugia. Ten realizados diversos traballos de investigación recollidos en diversos libros e numerosos artigos. Entre os seus libros destaca “La catedral de Tui en época medieval”. Marta Cendón é unha das maiores especialistas na arte de época medieval en Galicia.

A concelleira de Patrimonio e Turismo, Ana María Núñez Álvarez agradece este iniciativa do Instituto de Estudios tudenses que promove un achegamento aos bens patrimoniais tudenses contribuíndo a súa promoción e difusión. As prazas están xa completas.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad