
A cita será o 16 de setembro e contará con distintas actuacións e actividades
A AECC (Asociación Española Contra o Cancro) de Mos, organiza a súa tradicional Tómbola Solidaria, que se celebrará nos exteriores do Pazo de Mos, o vindeiro 16 de setembro ao longo de todo o día.
A actividade contará ademáis con diferentes actuacións de artistas locáis, que de xeito desinteresado colaboran con esta causa, sendo a programación a seguinte
11:00 h Misa Igrexa Santa Eulalia de Mos en lembranza de Magdalena Domínguez, presidenta da xunta local de Mos da AECC, e de todos os enfermos.
12:00 h Sesión vermut amenizada pola charanga Sacacorchos.
17:00 h Espectáculo de maxia a cargo do Mago Marco
18:00 h Generación M
19:00 h Voces de Arrieiro
20:00 h DesfilaMos, organizado pola Asociación Palilleiras de Mos.
Ao longo de todo o día estará instalado un inchable gratuito no que poderán disfrutar todos os cativ@s.