Sthela Táboas 06/03/2023


Definen o grupo que conforma a listaxe coma “Un equipo para gobernar O Porriño en grande”

Pedro Pereira presenta o primeiro tramo da lista do BNG para as eleccións municipais do 28 de maio, as seis persoas que o acompañan nos primeiros postos “dunha candidatura pensada para gobernar O Porriño en grande”.

Trátase “dun equipo con formación, con bagaxe profesional e introdución no tecido asociativo, con capacidade para proxectar e liderar O Porriño do futuro. Recuperamos para os primeiros postos da candidatura persoas con experiencia na política municipal, e incorporamos outras que se teñen achegado ao Bloque nos últimos tempos” explican dende o BNG do Porriño.

Deste xeito, de seguido ao candidato do Bloque, Pedro Pereira:

Míriam Martínez Troncoso: Traballadora Social. Empregada pública da Administración Xeral do Estado. Participou como concelleira no goberno do BNG no Porriño entre os anos 2007 e 2010.

Marcelo Rodríguez Acosta: Profesional da educación ambiental e filólogo. Formou parte do equipo de goberno do BNG no Porriño entre os anos 2005 e 2010.

Mónica Bugarín Ramilo: Diplomada en Ciencias Empresariais. Funcionaria da Xunta. Foi presidenta da asociación cultural Os Penediños de Atios. Experiencia na corporación como concelleira do BNG na oposición.

Ana Bastos: Profesora de ensino secundario. Experiencia na corporación como concelleira do BNG na oposición.

Cesar Lourido Landín: Operario. Activista cultural na asociación Arela, organizadora do Festival de Cans.

Soraya Domínguez Portela: Profesora de ensino secundario. Actual voceira da Marcha Mundial das Mulleres na Louriña.

Con estes perfís o BNG do Porriño acredita nas potencialidades do Porriño. “Queremos un concello transparente, con mellores servizos, que funcione e no que non se malgasten recursos. Seguir avanzando na recuperación de espazos públicos, tamén nas parroquias, e converter o Louro no elemento vertebrador do municipio. Un concello feminista que traballe da man do movemento asociativo local e blinde as políticas sociais para garantir dereitos, para que ninguén quede atrás”.

O Bloque subliña que no Porriño “temos demostrado coherencia, solvencia, rigor e capacidade de goberno. Temos proxecto, ideas claras e vontade de sumar. Queremos recuperar a ilusión do electorado de esquerda, acoller o voto desencantado cos comportamentos irresponsables que facilitaron a chegada ao goberno do PP. Imos a por todas, non nos poñemos límites e imos dar o mellor de nós. Con toda a humildade, mais tamén coa confianza e o orgullo de sabermos que os grandes avances no Porriño sempre foron da man do BNG”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad