Sthela Táboas 06/03/2023

Será este mércores con saída ás 20.00 h ao carón do Concello do Porriño, aínda que o seu percorrido está condicionado ao acto institucional organizado dende a Concellería de Igualdade no mesmo sitio e á mesma hora

A Marcha Mundial das Mulleres da Louriña convoca para este 8M unha manifestación no Porriño, convidando a tódalas persoas a reclamar uns dereitos máis que merecidos, polas distintas cargas sociais que as mulleres asumen na vida cotiá.

Na inmensa mayoría son as mulleres quenes sostemos os coidados na nosa sociedade e “se os servizos públicos non nos dan unha boa resposta, nós somos as dobremente penalizadas. En primeiro lugar, por termos que compensar eses servizos enmagrecidos; pola outra, porque a maioría das traballadoras deste sector somos mulleres. ¡Por iso saímos este 8M á rúa!”, sosteñen dende a plataforma.

A concentración sairá este mércores 8 de marzo, ás 20.00 h, do lateral da Praza do Concello do Porriño para reivindicar uns servizos públicos xustos para as mulleres e o percorrido, aprobado dende a Subdelegación do Goberno, é subir pola rúa Antonio Palacios, seguir por Domingo Bueno en sentido á Biblioteca e baixar pola rúa Pío XII para rematar, novamente, na praza do Concello.

Este percorrido vai estar suxeito a condicionamentos debido a falla de sensibilidade por parte do goberno do PP, organizando un acto institucional dende a Concellería de Igualdade no mesmo sitio e á mesma hora.

“O máis grave é que o Concello non pode alegar descoñecemento da convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres da Louriña, xa que a manifestación está autorizada pola Subdelegación do Goberno dende hai un mes e, polo tanto, posta en coñecemento do Concello dende esa data”, engaden dende a plataforma.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad