Sthela Táboas 09/02/2023

Os equipos masculino e feminino adestrarán para preparar o Campionato de España no río Miño e contarán cunha alta representación tudense

A Federación Galega de Remo, en colaboración co Club Remo do Miño, organizará en Tui esta fin de semana, a concentración da selección galega de remo olímpico na categoría absoluta, masculina e feminina.

Un total de 22 remeir@s, pertencentes a 7 clubs galegos, asistirán a esta concentración que ten como obxectivo a preparación do Campionato de España de remo olímpico e de autonomías, que se celebrará en Castrelo do Miño, os días 18 e 19 de febreiro.

@s deportistas adestrarán no río Miño e pernoctarán nas instalacións do Centro Especializado en Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo de Tui. Entre os convocados estarán os deportistas do  Club Remo do Miño, Carlota González, Nuria Domínguez, María Cristina González, Rodrigo Conde e Jesús González; así como do Club Remo Tui, Laura Solla e Martín Sías. Nesta convocatoria tamén participará como temoneira, Rebeca Rodríguez, do Club Remo do Miño.

Tanto Carlota González, como Rodrigo Conde, concentrados habitualmente en Sevilla, seguirán adestrando durante toda a semana en Tui e, ao remate do Campionato de España, iniciarán as competicións internacionais co obxectivo da clasificación para os Xogos Olímpicos de París 2024.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad