Sthela Táboas 03/02/2023

A campaña conta coa colaboración de ‘Proxecto Gato’ para o control das colonias felinas co sistema CES  -captura, esterilización e solta-

O Concello do Porriño, a través da concellería de Medio Ambiente, que dirixe Antía Carrera, vén de formalizar o contrato cunha clínica veterinaria sita no Porriño, promovendo unha campaña de control da poboación felina en liberdade a través da cal se esterilizarán 120 gatos -90 femias e 30 machos- que forman parte das colonias controladas no municipio.

En aplicación do método CES, o obxectivo desta actuación é a captura dos animais para a súa esterilización e posterior solta, evitando así o crecemento descontrolado da poboación felina.

Este ano, a Administración local conta coa colaboración de ‘Proxecto Gato’, que se encargará de cumplir co obxectivo xunto c@s voluntari@s acreditados polo Concello, o cal traballa xa na redacción dun convenio con Proxecto Gato “xa que entendemos que esta colaboración máis estreita é necesaria para poder cumprir obxectivos comúns como é a protección e o benestar dos animais”, sinalan.

“Imos seguir apostando por este sistema porque permite facer un control ético das colonias”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Temos o compromiso firme de alcanzar o máximo nivel de protección e benestar dos animais, ademais de asegurar a súa convivencia coa veciñanza. Nesa liña traballamos”.

Antía Carrera manifesta que “no Porriño temos algunhas colonias felinas urbanas e periurbanas controladas, polo que a esterilización mellora a vida dos animais e diminúe considerablemente o tamaño dos grupos”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad