Sthela Táboas 02/02/2023

Visitou o área industrial do Cerquido e a correspondente a senda do río Caselas ao seu paso por Entenza, como dúas das zonas máis afectadas

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, a petición da alcaldesa, Verónica Tourón, visitou as zonas máis afectadas polas fortes choivas de Nadal e Aninovo no concello de Salceda de Caselas.

Esta visita encádrase na liña de xestión iniciada pola rexedora municipal para abrir vías de colaboración coas diferentes administracións públicas, co obxectivo de paliar os danos provocados polas abundantes precipitacións.

O presidente da Confederación, acompañado  polo equipo de goberno, puido apreciar de primeira man os danos sufridos en dúas das zonas máis afectadas, a que corresponde a área industrial do Cerquido e a correspondente a senda do río Caselas na parroquia de Entenza; que coma o resto das sendas fluviais do municipio sufriron importantes e numerosos danos.

Verónica Tourón e o concelleiro de Medio Ambiente, Rubén González, transmitíronlle ao presidente da Confederación a necesidade de acometer a limpeza dos cursos fluviais do municipio como os río Caselas, Becerreira e Tinto situados na zona industrial do Cerquido, como medida urxente a levar a cabo tras o episodio de inundacións e fortes choivas sufridas o 1 de xaneiro.

Quiroga tamén amosou interese polos diferentes proxectos, que dende o equipo de goberno se queren levar acabo, relacionados coa planificación de sendas fluviais e rede de saneamento.

O goberno municipal expresou a súa satisfacción pola visita do máximo responsable da Confederación Hidrográfica Miño-Sil ao concello de Salceda.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad