Sthela Táboas 23/01/2023

A proba conta con premios en metálico para os tres primeiros da categoría absoluta e disputarase o vindeiro 12 de marzo

Unha nova edición de “O Porriño 10K” organizada polo Concello do Porriño e o club Atletismo Porriño presentouse de mans do alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado pola secretaria do Atletismo Porriño,  Deneb Álvarez; polo tesoureiro do club, Pablo Regueira, e o responsable de trail, José Daniel González.

@s adeptos ao atletismo poderán correr un ano máis polas rúas da vila o vindeiro 12 de marzo, podendo inscribirse dende xa na ligazón: https://ccnorte.com/evento/inscribirme/id/2465/xv-carrera-o-porrino-10k .

Cabe destacar que, como cada ano, a carreira de Pitufos e Chupetes, non require de inscrición previa, tan só hai que presentarse na liña de saída á hora estipulada.

Entregaranse premios en metálico aos tres primeiros clasificados (masculino e feminino) da Absoluta 10K, que recolle todas as categorías, sendo de 300 €, 200 € e 100 € respectivamente; así como trofeos aos pódiums de cada categoría (masculina e feminina), sendo catro categorías na carreira de menores, dúas na de 5K e tres na absoluta de 10K.

Do mesmo xeito que en anteriores edicións, a carreira colabora co servizo municipal de alimentos SOS Porriño, polo que na recollida dos dorsais cada participante deberá entregar 1 Kg de comida non perecedeira, que se distribuirá entre as familias con menos recursos do municipio.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad